ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR
CONVOCATORIA
De acordo coa Resolución
do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación
Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario
para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de
centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 20/09/12), a
XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son
conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións
ao Consello Escolar,para cubrir unha praza vacante para os vindeiros dous cursos en representación dos/as pais/nais no consello escolar.
-
Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais
do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente,
que estará exposto na oficina do centro.
- Proclamación de candidaturas o día 21 de novembro de 2012
-
As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 26 de novembro,
de 16'30 a 20'00 horas.
-
Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo 1 nome dos
candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de
votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será
directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos/as.
- Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta.
- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.