martes, 20 de noviembre de 2012

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR
CONVOCATORIA
De acordo coa Resolución do 7 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 20/09/12), a XUNTA ELECTORAL deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar,para cubrir unha praza vacante para os vindeiros  dous cursos en representación dos/as pais/nais no consello escolar.

- Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro e incluídos no Censo correspondente, que estará exposto na oficina do centro.

- Proclamación de candidaturas o día 21 de novembro de 2012 
 
- As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 26 de novembro, de 16'30 a 20'00 horas.

- Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo 1 nome dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante exhibición do D.N.I. ou documento similar. O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

- Teñen dereito ao voto o pai e a nai ou, se é o caso, o titor legal dos alumnos/as.

- Finalizada a votación procederase ao escrutinio  dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta.

- A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

No hay comentarios:

Publicar un comentario